A Coruña Arqueolóxica
O Primeiro Roteiro Arqueolóxico da Cidade
Nesta visita desvelaremos os segredos da antiga “Brigantia” a través dos seus achados arqueolóxicos.
Que mellor maneira de coñecer unha cidade que percorrendo o seu pasado, e nós farémolo a través das pegadas que deixaron os nosos devanceiros.
Comezaremos cunha parte peonil, percorrendo os recunchos da cidade que foron testemuñas do paso de antigas civilizacións.
A continuación dirixirémonos ó Museo Arqueolóxico, onde descubriremos pezas atopadas en diferentes xacementos, que nos trasladarán ó mundo castrexo, á Antiga Roma ou á época medieval.