Ecos Modernistas

A Auténtica Ruta Modernista da Cidade

Neste roteiro trasladarémonos a unha época na que a cidade de A Coruña comezou a expandirse fóra das súas murallas. Neste contexto xurdirá unha burguesía comercial enriquecida que, competindo coa aristocracia da época, financiará a construción de edificios suntuosos, fachadas teatrais que serán o escaparate do poder social destas familias.
Arquitectos de renome seguirán as influencias europeas da época, segundo as cales xorde unha arte fresca e innovadora, representada por uns novos artistas que, cansos do clásico estilo historicista de imitación, romperán con todo o establecido, dando lugar así ó que en España chamamos o Modernismo, Art Nouveau en Francia e Bélxica, Sezession en Viena ou Liberty en Italia.

Decoracións florais que integran a natureza coa arquitectura, mascaróns femininos que nos transportan a un mundo onírico e de fantasía e o uso dos novos materiais como o formigón armado ou o ferro forxado, fusionándoos con elementos tradicionais como o cristal ou a madeira, conseguindo así novas creacións a través das cales se lle ensina ó cidadán o que é realmente a “modernidade”.
No transcurso da visita teremos incluído un aperitivo nun local emblemático da cidade.

IMPRESCINDIBLE RESERVA PREVIA

Tlf.: 629602458

Mail – info@galiciantales.com