Santiago de Compostela

Percorre connosco o Final do Camiño

Visita guiada percorrendo os recunchos da capital xacobea, meta universal da peregrinación e xerme de Europa.

Santiago integra dende a Idade Media todas as sendas do continente, favorecendo o intercambio comercial e a convivencia entre os pobos.

Raíñas, bispos, poetas e santos, así como viaxeiros de todas as nacionalidades peregrinan desde entón cara ó “Finis Terrae”, convertendo o Camiño nun crisol de culturas.

Paseando polas súas rúas respiraremos a través das súas pedras e, coñecendo as súas historias, comprenderemos como Compostela chegou a converterse nun dos centros máis importantes da Cristiandade.

IMPRESCINDIBLE RESERVA PREVIA

Tlf.: 629602458

Mail – info@galiciantales.com