Roteiro Medieval

Peregrinacións na Coruña Medieval

A Coruña foi durante séculos a meta indiscutible de todo peregrino que viña en barco desde o Norte de Europa. Ó chegar ó porto brigantino desembarcaban comodamente, continuando a súa peregrinación cara a Santiago de Compostela.
Por todo iso a cidade desenvolveu unha grande infraestructura económica e comercial, que a converteu nunha das cidades máis potentes da Idade Media.
Como antigamente, aínda hoxe en día parten os peregrinos do atrio da Igrexa de Santiago. No seu interior comezaremos o noso periplo medieval, desvelando os segredos que se esconden en cada unha das súas pedras.

Así mesmo iremos descubrindo ó longo do noso roteiro as múltiples referencias sobre a importancia desas peregrinacións, presentes na simboloxía dos nosos monumentos, así como historias sobre famosos peregrinos que deixaron pegada na nosa cidade.

Ó finalizar a visita, gozaremos dunha degustación nun dos locais máis tradicionais da cidade.

Vidriera medieval

IMPRESCINDIBLE RESERVA PREVIA
Tlf.: 629602458

Mail – info@galiciantales.com