Elisa e Marcela
Matrimonio sen Home
Visita guiada na que seguiremos as venturas e desventuras de Elisa Sánchez Loriga e Marcela Gracia Ibeas, protagonistas históricas do primeiro Matrimonio sen home.
Durante o percorrido coñeceremos os recunchos da cidade que foron testemuñas das súas vivencias, desvelando os detalles dunha singular trama a través da cal conseguiron enganar a todo o mundo e casar pola Igrexa.
Unha historia de valentía, tesón, intrigas… acoso mediático e, sobre todo, moito amor. Todo iso mesturado cun relato sobre a Coruña da época, que co cambio de século converterase nunha das cidades máis vangardistas do momento, relacionada así mesmo cos inicios da industria cinematográfica en España.
O que viviron estas dúas mulleres puido ocorrer en calquera parte do mundo, pero sucedeu aquí, na Coruña. Trátase por tanto dunha historia universal, que se converteu nun referente internacional grazas á estrea a nivel mundial da película dirixida pola famosa cineasta Isabel Coixet.
Finalizaremos a visita cunha degustación nun dos locais máis exclusivos da cidade brindando por elas, tal e como elas o fixeron na súa noite de vodas.