Déixache levar da man de Galician Tales
farémosche descubrir unha Galicia diferente
Tras máis de 20 anos traballando no sector turístico, Galician Tales xorde como un proxecto de Roteiros Temáticos para coñecer Galicia desde outra perspectiva. Viaxando a través da historia, mergullarémonos no patrimonio histórico, cultural e paisaxístico da rexión, a través dos ollos dunha Guía Oficial de Turismo que leva contando historias a miles de viaxeiros por Europa desde o ano 2000.
A nosa filosofía baséase nun compromiso de calidade, segundo o cal lle ofrecemos ó visitante diferentes roteiros con variadas temáticas, combinadas con experiencias que garanten un produto de máxima calidade, non só no servizo en si, senón tamén á hora de ofrecelo.
Roteiros de autor innovadores, así como “a medida” para grupos baixo demanda… Sen esquecer as visitas máis tradicionais, ofertamos un abano de posibilidades tanto para aqueles viaxeiros que veñen por primeira vez a Galicia, como para os que xa estiveron tantas veces que buscan novos recunchos por descubrir… Infinitos recunchos que, como dicía o famoso escritor Vicente Risco:
“Ti dis que Galicia é ben pequena. Eu dígoche: Galicia é un mundo!”.
“Galician Tales” ostenta o distintivo de “Turismo Responsable” expedido polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.
Membro de: